domingo, 26 de xuño de 2016

Cactus


Pequenos cactus, bonitos por dentro e por fóra, resistentes, preparados para non deixar escapar a riqueza que levan dentro, a auga e sales minerais que permiten a fotosintese, que os fai medrar e manterse vivos...

Medrade fortes, pero non cambiedes, mantede a riqueza que levades dentro e mostrádea día a día na nova etapa que comezades. 
Moita sorte a tod@s! Non esquezades ao CEP Brea Segade; lembrade que esta segue a ser a vosa casa. 
Bicos 

Aniversario de Iria

O último día de colexio celebramos o aniversario de Iria, outra moza de 12 anos! Trouxonos un biscoito riquísimo que nos papamos, sen deixar migalla despois dos obradoiros e antes da guerra da auga. Aínda que xa cho dixemnos e xa pasou o día:

PARABÉNS IRIA!!!!
Moitas grazas polo biscoito! Que ben nos prestou! :-)

Na praia

Antes de comer visitamos a lagoa e o faro de Louro, pero xa só pensabamos en: PRAIA!!!!!!
Lagoa e Monte Louro
Faro de Louro
Na praia de San Francisco
Baño antes de xantar




Ao estar frescos veu a fame de volta. Comemos e descansamos no piñeiral da praia de San Francisco en Louro.
Repoñendo crema en equipo
Crema vai!
Debidamente untados de crema volvemos á praia. Que ganiñas tiñamos de mar e area!


Volvemos ao piñeiral para repoñer forzas coa merenda, estar un pouco a sombra e botar máis crema e... De volta á praia a polo último baño do día.

Día completo, completo, boísima maneira de despedir 6º, pasando un día xunt@s.

Muros

A seguinte parada foi a vila de Muros. Alí fixemos un xogo por equipos no que tiñamos que localizar diferentes lugares do casco histórico, fotografarnos neles, facer preguntas aos veciñ@s, buscar información... Pasámolo moi ben e descubrimos que Muros é precioso, case tanto coma Rianxo :-)
Por suposto, os dous equipos completaron o xogo, en sexto hai investigador@s de primeira!


Aquí tedes as fotos de cada un dos equipos:
Tod@s xuntos ao remate do xogo

Excursión de fin de curso

O martes marchamos de excursión. Tivemos que agardar unha semana a que o tempo se aquelara pero ao final veunos un diazo :-)
A primeira parada foi unha sorpresa, unha débeda pendente que Noelia pasou dous cursos enteiros lembrándonos, ou foron tres? Xa perdemos a conta...
Pero o prometido é debido e visitamos o Dolme de Axeitos antes de deixar o Brea Segade!!!!!










Marisqueo e mariscadoras

Tiñamos pendente esta charla desde había moito tempo, non podiamos rematar o curso sen aprender de primeira man en que consiste o traballo das mariscadoras e comprobar se o que investigaramos e despois contamos nun dos libros que fixenmos este curso era correcto. Por iso pedimoslle ás nais de Silvia e de Andrea que nos viñeran falar do seu traballo. 
Trouxeronnos ferramentas e tamén ameixas e berberechos de diferentes tipos para aprendernos a distinguilos ben. Déroonnos detalles sobre o seu traballo que non atoparamos nos libros e  contestaron a todo o que lles preguntamos. Foi unha sorte contar con elas, así dá gusto!
Graciñas, Bea e Esther!