domingo, 6 de marzo de 2016

O carballo de 6º

O martes pasado aproveitando o bo tempo plantamos as nosas flores para Rosalía que quedaran pendentes desde o día 24 de febreiro e como xa estabamos en faena lembramos o carballo que temos na clase desde 5º, un dos poucos supervivintes das landras que plantaramos alá polo outono do 2014. Así que decidimos que o noso carballiño tamén ía ser unha homenaxe a Rosalía e xa está na pendente da horta, medrando forte á beira do campo de futbol. Coidadiño con el, eh?

2 comentarios:

  1. Eu creo que como esta moi pegádo ao campo de fútbol vaille caer enrriba o balón⚽.
    PD:Pobre planta.
    Noa

    ResponderEliminar
  2. Noa!
    Non nolo gafes,oh! Malo será! :-)
    Cova

    ResponderEliminar