domingo, 28 de febreiro de 2016

Mitos griegos

Estamos rematando de ler na clase este libro: Mitos griegos de Maria Angelidou, na editorial Vicens Vives.
Forma parte dos itinerarios lectores do noso colexio para quinto e sexto de Primaria e estanos gustando moito.



Animádevos a falar do voso mito favorito e da vosa opinión sobre o libro.

Día de Rosalía

Non deixedes de ver as gravacións da participación de sexto no Día de Rosalía.

sábado, 27 de febreiro de 2016

O vampiro

O martes César, Iria, Patri, Laura, Fátima e Andrea foron contador@s na BBS. Escolleron un conto de medo, O vampiro. Para saber máis entrade no blogue da biblioteca.

Faltou Silvia, que tamén era contadora pero tivo que marchar ao médico. Débesnos conto, Silvia! :-)

martes, 23 de febreiro de 2016

Postais para o Día de Rosalía

As postais para conmemorar o Día de Rosalía saíron o luns. Aquí tedes unha montaxe co traballo de 5ºB e 6º. Entrade tamén no blogue da BBS para ver máis sobre as postais.

domingo, 21 de febreiro de 2016

Rugbi

O venres en Educación Física tivemos a visita de catro membros do Barbanza Rugbi Club que nos contaron en que consiste o rugbi e tamén nos deron unhas nocións básicas de xogo no pavillón. Aprendemos moitas cousas que descoñecíamos e foi divertido probar a practicalo, aínda que fora pouco tempo. Haberá que repetir!








Mobiliza Rosalía

O mércores que vén é o Día de Rosalía. O lema deste ano é Mobiliza Rosalía e a nosa biblioteca pediulle a todo o cole que comezara a mobilizarse. Nós xa comezamos, imos subindo imaxes do que estamos a facer. Continuará ...









domingo, 14 de febreiro de 2016

Xogo do círculo

Retomamos o noso traballo en Conectando Mundos. Nesta semaniña curta, de tan só dous días de escola, revisamos e valoramos os datos da enquisa que fixemos ás nosas maiores (avoas, bisavoas e tamén avós) sobre as profesións , coñecimos a Malala e fixemos o Xogo do Círculo; non hai queixa, a verdade é que traballamos moito en pouco tempo.
No Xogo do Círculo fomos pasando un a un papeis cos nomes dos nosos compañeiros/as e fomos anotando para cada quen unha característica positiva. Cada vez que anotabamos dobrabamos o papel a xeito de abano. Ao final cada quen abriu o seu papel/abano e descubriu as cousas boas que entre todos pensatramos del ou ela. Rematamos comentando se estiveramos de acordo co que os compañeiros/as vían de nós, se nos gustara, que nos chama a atención... A verdade é que tod@s estivemos bastante de acordo. O Conectando Mundos deste curso está axudándonos a coñecernos mellor.












venres, 12 de febreiro de 2016

Máis Entroido

Ainda que seguro que tod@s nos apuntabamos a pedir "máis Entroido" o título desta entradafala de  máis material da nosa participación no Entroido. Aquí tedes dúas novas fotos chulísimas e un video!!! Pasóunolos Iria para compartir.  
Graciñas!!



Científic@s tol@s, tol@s

Le-mentes en acción!

Dez boas razóns para practicar un deporte

Aquí tedes o artigo da Voz de Galicia que precisades para o traballo de Educación Física deste trimestre.
Moi interesante! Tomamos nota, tod@s :-)

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/01/20/diez-buenas-razones-practicar-deporte-/00031452944687508267293.htm


martes, 9 de febreiro de 2016

Adeus, Toribio!

Para rematar a mañá do venres dixémoslle adeus ao noso Toribio, que tan ben nolo fixo pasar. Queimámolo nun acto moi solemne e ben tristeiro. Ata o ano, Toribio! Menos mal que o Entroido non rematou nas nosas aldeas e aínda podemos "entroidar". 







Venres de Entroido: científic@s tolos

E o venres 5 enchimos Campo de Pazos de científic@s e inventos tolos. Foi moi divertido!

Comezamos cos preparativos, fixemos un pasarrúas a Campo de Pazos, alí recitamos e cantamos as nosas coplas, voltamos en bus, merendamos doces de Entroido, bailamos, xogamos....







Listos!   



Saímos



Pasarrúas a Campo de Pazos



En Campo de Pazos





No bus de volta a Campo Maneiro

Mmmmm!