venres, 27 de novembro de 2015

Non á violencia de xénero

Esta semana estivemos lendo e falando sobre violencia de xénero. O día 25 comezamos un mural que remataremos para a semana cando esteamos tod@s na clase pois queremos que sexa un contrato contra a violencia contra as mulleres asinado por tod@s coas nosas mans.














Os nosos detectives I

Xa temos case listas as nosas presentacións sobre os detectives que nos encargou investigar Libriño. Levounos máis do que pensabamos, pero xa case están. Para ir abrindo boca aquí van os murais que penduramos na que xa parece a "Galería dos Detectives".


sábado, 21 de novembro de 2015

Aniversario de Jorge Otero

O martes pasamos o día na biblioteca porque na nosa clase estiveron traballando para deixar lista a instalación da "aula dixital" na que, parece ser, nos imos convertir en breve... E foi na biblo onde celebramos o aniversario de Jorge. Trouxonos unha torta de améndoa riquísima, patacas e galletas e nós correspondémoslle cantando a pleno pulmón e turrándolle das orellas, claro. Mirade, mirade... 

domingo, 15 de novembro de 2015

O Magosto

Que ben o pasamos venres! Xogos populares e castañas, boa combinación!
Empezamos recollendo os diplomas aos lemas e debuxos escollidos en cada clase e aos que resultaron escolleitos nas votacións do mércores. De seguido xogamos aos birlos, petanca, carrilana, tragacastañas, sacos, bicis...  E para repoñer forzas: castañas e ferruxe!


xoves, 12 de novembro de 2015

Espantallo amigo

No blogue da BBS temos unha entrada sobre a nosa saída ao teatro para ver a adaptación teatral do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas a cargo de Os Quinquilláns. Foi a nosa primeira lectura colectiva deste curso, que tivemos a sorte de ver representada. Entrade no blogue da BBS e deixade a vosa opinión sobre o libro e sobre  a obra de teatro.


Votamos

Votamos con mesa electoral, lista de electores, táboas identificativas, papeletas e urnas. Votamos de verdade! Tiñamos sete debuxos e sete lemas para escoller e non foi doado. Aitou foi o representante de sexto nas mesas electorais, un presidente ben centrado no seu papel. Bravo, Aitor!
mañá veremos o resultado exposto na entrada do cole, porque mañá temos magosto no Brea Segade.

Escollendo

Empezan as votacións

Exercendo o dereito ao voto


Votando cun só brazo operativo



Que difícil escoller!

Mirade que concentración na mesa electoral!



No reconto



martes, 10 de novembro de 2015

Magosto no Brea Segade

Este venres celebramos o Magosto! Como cada ano estivemos traballando nas clases preparando lemas e debuxos para un cartel. Hoxe enviamos os nosos a 5º A para que eles escolleran. Nós escollemos un lema e un debuxo dos que fixeron os de 5ºB. Foi difícil escoller, habíaos moi chulos!
Mañá no recreo votaremos entre os sete lemas e sete debuxos que saíron escollidos. E o venres...  

MAGOSTO!!!









venres, 6 de novembro de 2015

Mochila Viaxeira para Fátima

Xa saíron as Mochilas Viaxeiras. Desta vez tocoulle a Fátima,  xa vedes o contenta que marchou!  Non deixedes de opinar no caderno de viaxe.

Boas lecturas, Fátima!

Contadoras da BBS

Silvia, Patri e Laura encargáronse de contar o conto do recreo desta semana. Entrade no blogue da biblioteca para saber como lles foi. 


A lupa de 6º

Fixéramolo ben! Resolvemos os enigmas á perfección e a BBS mandounos o noso agasallo:

UNHA LUPA! 

Para continuar investigando, observando, aprendendo ao grande, grande e con todo detalle. 

Grazas BBS!

Lois trouxonos o resultado

Todo ben! Revisado e selado

Temos un agasallo da BBS

Que será?

E isto?

Unha lupa de investigadores para a nosa clase

Empezamos a usala



domingo, 1 de novembro de 2015

Contos no Samaín

Na mañá de Samaín tamén aproveitamos para ler contos na biblioteca á luz dunha lanterna. A maioría foron contos sobre o Samaín escritos por vós e nos que aparecían algunhas palabras concretas que tiñades que integrar na historia.  Mola contar contos ás escuras, teremos que repetir, aínda que non sexa Samaín.

Apple bobbing

Na aula de inglés tamén celebrastes o Samaín, mellor dito o Halloween. Hai documentos gráficos; sexto en acción, xogando a apple bobbing. Non hai dúbida, pasástelo moi ben!