sábado, 20 de xuño de 2015

A festa de 5º

O xoves celebramos festas nas clases para despedir o curso. En 5º comezamos a mañá cunha película e despois de baixar ver os vehículos da policía local preparamos a nosa festa: macedonia con iogur, madalenas deliciosas de Iria e Noelia, biscoito de chocolate de Jorge Castaño, cereixas, ameixas, xogos de mesa e música. Festaza!

A macedonia saiunos tremenda, non deixamos nin rastro dela e mopitos probaron froitas que non coñecían. Foi unha boa idea!

Botamos en falta a Manuel pero sabemos que el tamén o estará pasando moi ben.

Preparando a macedonia


Cos xogos

Rica ananás!


Que rica macedonia!!!!!





Motorizad@s!

O xoves veu a policía local para deixarnos probar algúns dos seus vehículos., así que fixemos un pouquiño de ruído no Campo Maneiro...
















Aniversario de Iria

O xoves celebramos o aniversario de Iria por adiantado. Fomos os primeir@s en cantarlle e desexarlle parabéns. Trouxonos unhas madalenas moi ricas que incorporamos á nosa festa de fin de curso, así fixemos festa por partida dobre!

Parabéns, Iria! 

Graciñas polas madalenas, estaban de lamber os bicos!

Parabéns para ti....!

...moitos anos de vida!


Ummmm, madalenas!

Presentando as biografías na BBS

O mércores pasado presentamos na biblioteca o as seis biografías que elaboramos en kamishibai ao longo deste trimestre. Viñeron en quendas os alumnos/as de 2º, 4º A e 4º B. Gustounos moito compartir o noso traballo con eles/as.



luns, 15 de xuño de 2015

Excursión de fin de curso

O mércores 11 de xuño fixemos a última excursión deste curso. Estivemos en Vigo visitando Naturnova, a colección de arte de Afundación, o parque de Castrelos e o monte do Castro. Fomos en tren desde Vilagarcía a Vigo e para moit@s era a primeira viaxe en tren, así que resultou moi emocionante. Foi un día xenial!

Aquí tedes o día en imaxes:

mércores, 10 de xuño de 2015

Rematamos o Trivial!

Menudo repaso lle metemos aos contidos de Naturais deste curso! Fixestes un bo traballo; todos os grupos conseguiron rematar e colorear todas as porcións dos queixiños. Ben feito!

Últimas xogadas

Proba superada!

E de premio...queixiños!

O festival das Letras

Xa temos algunhas fotos do festival. Que ben o pasamos esa tarde!

Imos empezar coas imaxes do teatro.

Os tres cegos

Celidonia, Chincha, Chincheta e Morcego

E chegou a xiganta Xuvenca

Os veciñ@s e o mosquito




A pantasma



E agora seguimos coa música.






mércores, 3 de xuño de 2015

Charla da policía local

Hoxe pola mañá tivemos unha charla dun policía local sobre a seguridade circulando en bici ou como peóns. Gustounos escoitar que agora que xa vén o tempo de verán (beeeen!) é tempo de saír coas bicis e andar por aí polo que resulta moi importante coñecer e respectar unhas normas básicas de seguridade.
En canto o policia nos deixou preguntar comezamos e non paramos, tanto era o que queriamos saber e contar sobre o día a día de seren peóns, ciclistas e viaxeiros/as en xeral, ben sexa en coche ou bus.

A ver se para o curso que vén ademais da charla pode vir outra vez o circuíto de karts a Taragoña.





Mamasiña que medo!

Estas últimas semanas andamos con moito traballo preparando unha obra de teatro para o festival das Mamasiña que medo! de Chus Pereiro. É unha obra moi divertida que atopamos na biblioteca.
Letras que organiza o Equipo de Normalización. Imos representar

Aquí estamos ensaiando e preparando decorados. Como mola facer teatro!







luns, 1 de xuño de 2015

Trivial de Naturais

Estes días andamos repasando Ciencias Naturais por medio dun Trivial especialmente deseñado para a aula de 5º do Brea Segade!
Se todo vai ben mañá remataremos; a ver que equipo consegue todas as porcións de queixiño!
Ánimo!






Con Ledicia Costas

E chegou o día!Como nos gustou Ledicia! Tedes reportaxe completa da vista de Ledicia Costas no blogue da BBS
E aquí tedes as dedicatorias personalizadas que vos deixou nos libros.