venres, 1 de maio de 2015

Nós lemos, e ti?

Despedimos abril, o mes dos libros, e non se me ocorre mellor maneira de facelo que falando de libros, dos nosos libros favoritos.
Nós lemosA comezos de mes participamos na proposta da Organización Española polo Libro Infantil e Xuvenil para conmemorar o Día do Libro Infantil. Tratábase de sacar selfies en grupo cos nosos libros favoritos en galego e explicar os motivos polos que os escolléramos. Aquí tedes a aportación da nosa clase a esa campaña.

Teño que recoñecer que me encantan estas fotos e estes textos nos que falades con ilusión e alegría sobre a lectura. Cova



Clicade na imaxe para ver a publicación en grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario