Seguimos preparando a súa visita. Hoxe desde a BBS chegounos este tríptico para saber máis sobre Ledicia pero tamén para traballar e poñer algo da nosa parte en forma de ilustracións e receitas.
luns, 25 de maio de 2015
Ledicia Costas
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Escarlatina,
lemos
domingo, 24 de maio de 2015
Tres días!
Quedan só tres días para o noso encontro con Ledicia Costas!
Ide pensando ben todo o que lle queredes preguntar ou dicir sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, ou sobre a súa obra en xeral. Lembrade que moit@s tamén lestes Mortos de ningures, escrito man a man con Pere Tobaruela.
Etiquetas:
BBS,
Escarlatina,
lecturas,
lemos
venres, 22 de maio de 2015
Novas especies
O xoves 21 de maio apareceu esta nova en prensa. Clicade na imaxe para ir ao xornal e ler sobre as últimas novidades en seres vivos, Naturais de total actualidade!
Aniversario de Rubén
Este xoves foi o aniversario de Rubén! Xa temos outro mangallón de 11 anos na clase!
E, claro, houbo que celebralo. Rubén trouxonos unhas galletas riquísimas que devoramos, pero antes démoslle os parabéns, cantámoslle e aínda lle turramos das orellas.
E, claro, houbo que celebralo. Rubén trouxonos unhas galletas riquísimas que devoramos, pero antes démoslle os parabéns, cantámoslle e aínda lle turramos das orellas.
Parabéns, Rubén!
Kamishibai
O ano pasado collémoslle o gusto ao Kamishibai, así que non quixemos acabar o curso sen deseñar e elaborar novas historias con ese formato. Desta vez estamos a preparar as biografías de seis personaxes históricos que admiramos ou nos chamaron a atención. Aínda estamos en proceso pero xa van collendo forma. Daredes adiviñado de que personaxes se trata?
Etiquetas:
creamos,
escribimos,
Kamishibai,
plástica
Iria e Noa na BBS
Xa estamos na recta final dos contacontos da BBS e Iria e Noa non quixeron perder a oportunidade de contar o seu último conto deste curso. Entrade no blogue da biblio para ver que nos contaron.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos
sábado, 9 de maio de 2015
Os afillad@s lectores
Os nosos afillad@s lectores prepararon postais para agradecer os contos e o tempo que compartimos con eles/as no Día do Libro. Empezaron a vir a clase para entregárnolas e encantounos! Aínda non pasaron tod@s, xa irán vindo.
Graciñas amigos e amigas de segundo!
Nos recreos da BBS
Laura, Silvia, Fátima e Andrea foron contadoras nos recreos da BBS desta semana. Entrade no blogue da biblio para saber máis.
venres, 1 de maio de 2015
Nós lemos, e ti?
Despedimos abril, o mes dos libros, e non se me ocorre mellor maneira de facelo que falando de libros, dos nosos libros favoritos.
A comezos de mes participamos na proposta da Organización Española polo Libro Infantil e Xuvenil para conmemorar o Día do Libro Infantil. Tratábase de sacar selfies en grupo cos nosos libros favoritos en galego e explicar os motivos polos que os escolléramos. Aquí tedes a aportación da nosa clase a esa campaña.
Teño que recoñecer que me encantan estas fotos e estes textos nos que falades con ilusión e alegría sobre a lectura. Cova
Clicade na imaxe para ver a publicación en grande.

Chelo e Andrea contadoras na BBS
Chelo, a avoa de Andrea, foi a última contadora do mes de abril. Andrea botoulle unha man. Entrade no blogue da BBS para saber máis.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos
Cousas que podemos facer para aforrar enerxía
Este é un dos nosos traballos en forma de mural que aínda non compartiramos no blogue, pero que xa está nas escaleiras da escola desde hai unhas semanas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)