Este mércores estivemos con Rafael, o avó de Tahira, que veu a ensinarnos a súa colección de rochas e minerais e falarnos sobre eles. Empezou por falarnos dos tipos tres tipos de rochas (igneas, sedimentarias e metamórficas) e despois foi ensinándonos as que trouxo a escola, explicándonos onde as atopou e de que minerais estaban feitas. Despois das rochas seguiu cos minerais. Foinos pasando exemplos e ao final estivemos mirando a colección de cerca e facendo preguntas. Bueno, preguntas non paramos de facer case desde o principio :-)
Foi moi interesante; quedamos abraiados con todo o que sabe Rafael. E tamén quedamos con moitas ganas de seguir aprendendo máis sobre rochas e minerais.
Grazas, Rafael!
Ningún comentario:
Publicar un comentario