Á volta das vacacións comezamos a ler un novo libro de lectura colectiva que está nos itinerarios lectores de 5º. Desta vez é unha obra en castelán: Marcos Mostaza uno, de Daniel Nesquens, con ilustracións de Claudia Ranucci e publicado na editorial Anaya.
É unha novela realista escrita en primeira persoa por un neno de dez anos que nos vai contando como é a súa vida, a súa familia, os amigos e amigas, a escola...
Como todas as obras Nesquens está escrita con moito sentido do humor e é imposible lela sen un sorriso na cara e sen botar ás veces unha boa gargallada.
E Marcos Mostaza ten blogue propio! Entrade neste enlace para velo.
A min este libro parecéume moi divertido. A min o que mais me gustou foi cando a Juanito o xogador do Betis tivo que ir ao adestramento do fútbol co garfio de Carlos o primo de Marcos Mostaza.
ResponderEliminarCésar Creo
A min gustoume moito ler Marcos Mostaza. É moi divertido. Estou desexando ler o segundo libro MARCOS MOSTAZA 2
ResponderEliminarIria
A min gustoume moito o libro de Marcos Mostaza. O meu personaxe favorito foi Hanif. Xa teño leido outros libros teus como Hasta casi 100 bichos.
ResponderEliminarAitor
Gustoume moito Marcos Mostaza estou desexando ler os outros catro libros siguintes e tamén me gustou moito Hasta casi cien bichos.
ResponderEliminarJorge C.