domingo, 30 de novembro de 2014

Imos ao teatro!


Os nenos e nenas do Brea Segade van ir ao Auditorio de Rianxo a ver a obra “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”



O martes 3 de decembro os nenos e nenas do Brea Segade iremos ver a obra de Carlos Casares titulada “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. A obra estará interpretada polo Centro Dramático Galego e dirixida por Xosé Caldas. Trátase dunha historia fantástica que gañou moitos premios de literatura infantil e que cando se estreou por primeira vez hai dez anos foi un éxito. Temos moita sorte de que volva poñerse en escena outra vez e ademais en Rianxo porque é unha boa obra de teatro. Agardamos pasalo moi ben. 


Laura Fandiño Doval 

Imaxes da posta en escena do entro Dramático Galego.



 






xoves, 27 de novembro de 2014

Investigando sobre a Idade Antiga

En Ciencias Sociais estamos traballando en grupos sobre a Idade Antiga. Cada grupo ten que buscar e seleccionar información na biblioteca e en internet para preparar unha presentación en Impress. As civilizacións sobre as que estamos a traballar son: Exipto, Mesopotamia, Grecia e Roma. Atent@s ao noso blogue, non tardaremos en ir subindo as presentacións.


As chapas de Rubén

Rubén trouxo a ensinarnar a súa colección de chapas. Tennas de moitas bebidas e de países diferentes. Parece que hai máis coleccións de chapas nas casas, así que se cadra temos que ir pensando en traelas e aprender a xogar con elas. Graciñas, Rubén.

O saltón

Temos un novo visitante na clase e este veu para quedar. manuel trouxonos un saltón que atopou morto nunha leira. Que ben nos vén agora que estamos estudando o reino animal!

Día contra a violencia de xénero

Este martes, 25 de novembro, foi o Día contra a violencia de xénero. Na clase falamos sobre a situación da muller, sobre o maltrato, sobre o reparto das tarefas nas nosas casas, sobre o deporte feminino ... O punto de partida para falar de todo isto foi o conto que Iria, Laura, Fátima, Joerge Castaño, Noelia e Andrea prepararon e contaron nos recreos lectores da BBS: O libros dos porcos de Anthony Browne.
 Porque nós non queremos ser uns porcos, loitaremos a diario contra a violencia e a desigualdade de xénero!
Anunciando o conto na entrada
Practicando na clase
Non somos uns porcos!

martes, 25 de novembro de 2014

Os nosos dereitos



Temos dereitos e agora coñecémolos mellor e sabemos que non todos os nenos e nenas do mundo gozan deles. Ao longo de dúas semanas traballamos sobre a Declaración de Dereitos da Infancia e buscamos nos medios de comunicación noticias que puxeran en evidencia que non todos os nenos e nenas do mundo ven os seus dereitos respectados. O resultado do noso traballo é unha exposición que se pode ver nas escaleiras que van ao segundo andar.




Traballando sobre os nosos dereitos

venres, 21 de novembro de 2014

Aniversario de Jorge

O mércores celebramos o aniversario de Jorge, un máis que se vai facendo grande e entra na decena. Trouxonos un biscoito con améndoas riquisímo e uns manises, Non deixamos nin rastro de ningun deles.
PARABÉNS, JORGE 

e graciñas polos doces e polo salgado!

mércores, 19 de novembro de 2014

Viñeron os bombeiros!

Hoxe tivemos a visita dos bombeiros para lembrar todo o que xa sabiamos sobre protocolos de evacuación en caso de lume e ensinarnos algunhas cousas novas. O que mellor temos que lembrar, o número das emerxencias, o 112. Quedaron de voltar na primavera para facer un simulacro, a ver se daquela lembramos todo o que aprendemos hoxe. O mellor poder probar os cascos!

Magosto: Os noso xogos con castañas

Estes son algúns dos xogos con castañas e materiais de refugallo que preparamos en quinto. Queredes botar unha partida?

No Magosto

O luns, nun día sen chuvia, cousa ben rara ultimamente, celebramos o Magosto na escola. Fixemos un circuíto de xogos populares con : bolos, chave, carrilanas, corda, zancos, tragacastañas, petanca... E, por suposto, rematamos papando unhas riquísimas castañas asadas por Charo e Tino.
Cos nosos xogos no patio
Circuito de xogos populares
Castañas!
Magosto 2014

Magosto. As votacións

En cada clase preparamos mascotas e lemas e eleximos un de cada para representarnos nas votacións do Magosto 2014.
Escollemos mascota e lema para o Magosto do Brea Segade nunhas votacións como as de verdade con : censo, urnas, mesa electoral e papeletas.

Escollendo que votar
A mesa electoral
Vota!
Vota!
Exposición de lemas e mascotas de 5º

martes, 11 de novembro de 2014

Despedindo a Alba

Alba rematou o seu tempo de prácticas no Brea Segade o venres pasado. Aínda que este curso non a tivemos con nós tanto coma o pasado veu despedirse da nosa clase e trouxonos uns doces riquísimos e un agasallo. Graciñas, Alba! Vén visitarnos sempre que poidas! Bicos


Aí vén o Magosto!

O venres que vén celebraremos o Magosto na escola. Na clase para ir ambientándonnos xa comezamos a traballar con castañas e ourizos, preparando xogos feitos por nós, porque o Magosto é tempo de papar pero tamén de xogar, de bailar... Continuaremos!