luns, 13 de outubro de 2014

BRINCA VAI!

“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un  feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.
“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.
“BRINCA VAI!” son 10 videoclips musicais divertidos e cheos de humor dirixidos protagonizados por un Paco que nos achega  a súa particular visión das estacións, da natureza, da lectura, da amizade, dos xogos e das celebracións propias do ciclo anual como o Nadal, o Entroido, o Samaín…. "

Esta é a presentación editorial de BRINCA VAI! Non queda moito máis que dicir, só que non deixedes de buscalo na biblioteca ou nas tendas e que sigades gozando con Paco Nogueiras tanto como faciamos o curso pasado cando descubrimos o seu canal de Youtube.
Entrade na páxina de BRINCA VAI! , atoparedes fotos, vídeos, partituras, manualidades...



E aquí tedes un dos temas do disco. Coñecémolo ben, cantade desde a primeira nota. 





2 comentarios:

  1. Gustounos moito esta canción. Patri e Laura

    ResponderEliminar
  2. Esta é a mellor canción de Paco! (despois do entroido move o corpo). Noelia e César Creo

    ResponderEliminar