“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións
para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.
“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.
“BRINCA VAI!” son 10 videoclips musicais divertidos e cheos de humor dirixidos protagonizados por un Paco que nos achega a súa particular visión das
estacións, da natureza, da lectura, da amizade, dos xogos e das
celebracións propias do ciclo anual como o Nadal, o Entroido, o Samaín…. "
Esta é a presentación editorial de BRINCA VAI! Non queda moito máis que dicir, só que non deixedes de buscalo na biblioteca ou nas tendas e que sigades gozando con Paco Nogueiras tanto como faciamos o curso pasado cando descubrimos o seu canal de Youtube.
Entrade na páxina de
BRINCA VAI! , atoparedes fotos, vídeos, partituras, manualidades...
E aquí tedes un dos temas do disco. Coñecémolo ben, cantade desde a primeira nota.