venres, 26 de setembro de 2014

Fogo Nicolás



Fogo Nicolás foi un dos temas musicais cos que a nosa clase de quinto comezou o curso. Pertence a un album, que temos na nosa biblioteca, que se chama Celtic Roots. Celtic Roots foi o resultado dun proxecto educativo que tivo como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. É un CD-DVD que recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Gustounos moito para cantar , bailar , percutir e inventar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario